Outro paso no Camiño foi dirixirnos a Santiago de Compostela onde alumnos e alumnas descubriron algúns dos lugares máis emblemáticos da cidade vella, das súa grandiosa catedral románica e das súas fermosas portadas pétreas. Así e divididos en grupos, os alumnos debían atopar unha das pezas escultóricas máis icónicas da portada das Pratarías ou ter a oportunidade de fotografarse xunto ao “quilómetro cero” da peregrinación a Compostela, na praza do Obradoiro.
E non moi lonxe de alí atopáronse entre o Colexio de San Xerome e o Pazo de Fonseca onde grazas á axuda da “Árbore da Ciencia”, o alumnado tivo a oportunidade de atopar a súa verdadeira vocación. Pois dos trece pergamiños en latín que se esconden entre as súas polas de ferro, estes alumos/as -de costas e cos ollos pechados- puido xogar a elixir a carreira universitaria que o acompañaría para sempre na súa vida.
Finalmente, o último reto consistiu en que o grupo se dirixise á alameda para facerse unha última foto coas compostelás más populares e queridas da cidade: as Marías. Desta forma despedímonos da inesquecible experiencia da visita á cidade do apóstolo Santiago.
No hay comentarios:
Publicar un comentario