Os nosos compañeiros Miguel Angel Sánchez Muíño e Cathia María Capelán Díaz, profesores respectivamente dos departamentos de Inglés e de Lingua Galega, participaron nun curso estruturado en Lisboa, entre os días 19 e 25 de novembro de presente curso escolar.
Ademais dos seminarios sobre a dimensión europea da educación, o sistema educativo portugués e o enfoque Content4Context, o programa incluía tres visitas a centros educativos portugueses: Escola Secundaria Dr. Xosé Afonso, Agrupamento de Escolas de Santo Antonio e Colexio Atlántico. Tamén, e en liña co enfoque Content4Context, fixeron visitas de importante calado histórico, cultural e social pola cidade de Lisboa, a cidade de Sintra e a Universidade de Coímbra.
Os obxetivos da actividade foron coñecer o funcionamento do sistema educativo portugués; reforzar a dimensión europea do proceso ensino-aprendizaxe; mellorar a calidade da ensinanza-aprendizaxe na educación obrigatoria; contribuír á creación do Espazo Europeo de Educación; mellorar a competencia comunicativa en Inglés; mellorar o coñecemento sobre o patrimonio cultural e histórico europeo e finalmente, fortalecer os vínculos e a colaboración entre os distintos países da UE.
É de destacar a impecable organización do curso. Todo estaba minuciosamente fiado e desde o primeiro momento a organización conseguiu xerar un espazo e un clima agradable entre os/as participantes. Cada actividade programada daba pé á seguinte e o progreso formativo foi moi fluído grazas á estupenda estruturación.
A valoración é sen dúbida positiva e superou con creces as expectativas dos nosos compañeiros, xa que non só aprenderon arredor do sistema educativo en Portugal, se son que puideron partillar impresións e experiencias con persoas doutras 30 nacionalidades diferentes. Algunhas, como a problemática das ratios, eran partilladas, outras, como o salario e a carga horaria xa eran máis dispares, pero a causa que alí os tiña levado era a mesma: o ensino vocacional e o compromiso e busca de mellora do noso sistema educativo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario